Monday 29 de April de 2024

O Concello colabora coas entidades sociais na organización de festas de Entroido


Ademais da festa de Entroido que organiza o Concello, as diferentes entidades sociais celebrarán festas de Entroido en espazos públicos das súas respectivas localidades. Para colaborar, o Concello contratará un grupo de animación infantil para cada un destes eventos.

Estas festas terán lugar na Casa do pobo de Lorbé, Casa da República de Oleiros, Casa do pobo de Nós, Casa do pobo de Dexo, pavillón Colexio Valle Inclán, Lagoa de Mera, Casa do pobo de Iñás e polideportiva de Meixonfrío en Santa Cruz.